jueves, 12 de noviembre de 2015

Conferencia con Xurxo Mariño

Xurxo Mariño realizou unha videoconferencia no noso IES o pasado 4 de novembro do 2015, día da ciencia en galego, no que aproveitou para falar sobre este tema. Esta videoconferencia ten como título "A máquina que constrúe a mente e a realidade". Mariño tentará responder a preguntas realizadas polos oíntes nese tempo da videoconferencia, respondeu a preguntas como por exemplo: "Como funciona a mente?", "A onde vai o "eu" cando durmimos?" ou tamén "Poden construírse máquinas artificiais que teñan mente?". Mariño tentou responder ás máximas preguntas posibles deixando todo coa resposta moi clara. Esta videoconferencia procura que o alumnado teña acceso á ciencia sen ningún tipo de prexuízos, nin sobre a ciencia, nin sobre todo en canto ás posibilidades de aprendizaxe da ciencia en calquera idioma, incluído tamén o galego. Xurxo Mariño quixo expresar deste xeito, que todos os idiomas, no noso caso, o galego, pódense aprender se os empregamos en todos os contextos, tamén nos relacionados coa ciencia e coa tecnoloxía. Mariño tamén falou sobre como vemos as persoas en comparación coas avellas por exemplo as cores das flores, xa que estes animais as ven completamente diferente a nós. Tamén se da o exemplo da xente que fala ruso, a cor azul a ven de diferentes toalidades e teñen un nome para cada unha delas.
Na miña opinión esta videoconferencia foi bastante interesante, aínda que seríao máis se Xurxo Mariño dese a conferencia no noso IES, eu creo que a xente antendería máis e faríase máis entretenida. Mariño podía falar máis sobre as cuestións realizadas polo alumnado e, á súa podía comentarnos todo o que dixo durante a videoconferencia, pero eu penso que debía dedicarlle máis tempo a esas cuestións. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario